Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 30 de setembro de 2019, da Zona Centro, polo que se somete a información pública da tramitación dunha ampliación de prazo extraordinario, superior a o máximo establecido, na concesión administrativa otorgada a “Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia Limitada”, para a construción de almacenes para servizo de armadores (bloques A y C), no dominio público portuario de Ribeira (expediente 12-48-87-C-3).

Estase a tramitar unha ampliación de prazo extraordinario, superior a o máximo establecido na concesión administrativa outorgada á Sociedad Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia Limitada, para a construción de almacenes para o servizo de armadores (bloques A y C), no dominio público portuario de Ribeira, de acordo co plano de superficies e usos, ademais da memórica técnica de mellora de eficiencia enerxética e calidade ambiental mediante a sustitución de luminarias e a reparación de acabados no conxunto de almacenes de armadores (bloques A y C),  subscrito por José Ramón Álvarez Arnau, enxeñeiro técnico industrial, en xuño de 2017.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida Porto da Coruña, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 30 de setembro de 2019

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro