Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 19 de novembro de 2019 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión outorgada a Jealsa Rianxeira, S.A., para regularización e unificación dos títulos concesionais destinados á industria conserveira e actividades complementarias no dominio público portuario do porto de Bodión.

Estase a tramitar unha ampliación de prazo extraordinario, superior a o máximo establecido na concesión administrativa outorgada á Jealsa Rianxeira, S.A., para regularización e unificación dos títulos concesionais destinados á industria conserveira e actividades complementarias no dominio público portuario do porto de Bodión.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Non se admitirán solicitudes en competencia por tratarse dunha modificación dunha concesión vixente.

 

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019

 

Susana Lenguas Gil

Presidenta de Portos de Galicia