Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 12 de marzo de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por José Luis Naveiras Fragas para a instalación dunha caseta-contedor de venda de xeados no dominio público portuario de Sada (expediente 12-13-20-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa solicitada por José Luis Naveiras Fraga para a instalación dunha caseta-contedor de venda de xeados no dominio público portuario de Sada, de acordo con plano de situación e o proxecto técnico de instalacións de quiosco para despacho de xeado, asinado polos arquitectos Andrea Fernández Fernández, colexiada número 4605; Juan Prieto López, colexiado número 3750, e Faustino Patiño Cambeiro, colexiado número 3505, en maio de 2019.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 12 de marzo de 2020

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro