Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Cédula do 12 de xullo do 2017 pola que se anuncia inicio de procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas por Portos de Galicia

 

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e en aplicación da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 11 de xullo de 2017, se anuncia mediante a publicación no Diario oficial de Galicia e na páxina WEB www.portosdegalicia.com, sección “Documentación”, apartado “Alleamento de Embarcacións”, o inicio de procedemento para a venda directa de diversas embarcacións incautadas por Portos de Galicia.

A resolución de convocatoria, as bases aplicables a esta, a relación de embarcacións, e o modelo de proposición económica, poderán ser consultados e descargados a través da páxina web www.portosdegalicia.com, sección de “Documentación”, apartado “Alleamento de Embarcacións”.

As persoas interesadas en participar, formularán a súa oferta ou ofertas conforme ao modelo do Anexo III da resolución, e na forma e acompañada da documentación prevista na condición cuarta do anexo II.

O prazo de presentación de ofertas finaliza o dia 15 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, a 12 de xullo de 2017.
O Director.

 

José Ignacio Villar García.