Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Convocatoria para seleccionar operadores para o outorgamento dunha autorización temporal de ocupación de naves de almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima no peirao comercial do porto de Ribadeo

No porto de Ribadeo existe un peirao destinado ó trafico comercial de 5 metros de calado e 420 ml de lonxitude aproximadamente, no que se rexistra unha actividade comercial, en grande medida relacionado coa carga de pasta de papel provinte da industria papeleira ENCE localizada en Navia. 
Por resolución do Presidente de Portos de Galicia da data 03.07.2003, outorgouse a Perez Torres y CIA, S.L. unha concesión administrativa con destino á construción dunha nave para usos de almacén de pasta de papel no dominio público portuario do porto de Ribadeo, por un prazo de 15 anos, extinguíndose o pasado 11.07.2018.
O 25.05.2018, con número de entrada 4043, recíbese escrito de Ceferino Nogueira García actuando en representación de Galigrain, S.A.U. solicitando a concesión administrativa da nave de 780 m2 destinada ó almacenamento de mercadoría expedida por vía marítima no porto de Ribadeo. O motivo da solicitude é que son coñecedores de que o título administrativo que regula a dita ocupación esta próximo ó seu vencemento.
Por outra banda 10.08.2018, con número de entrada 6064, recíbese escrito de Santiago Pérez Torres, actuando en representación de Perez Torres Marítima, S.L. solicitando unha nova concesión para a explotación da nave do asunto.
O 21.08.2018 realízase acta de reversión das instalacións da concesión administrativa referida por finalización do prazo concesional tendo desde esa data Portos de Galicia a plena dispoñibilidade da nave.
Vistas a solicitudes indicadas anteriormente o Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia o pasado 03.10.2018, mediante nota interior 179/2018, remite as solicitudes presentadas, informando que debido á existencia de concorrencia procedería a convocatoria dun concurso público.
Non obstante, tendo en conta os antecedentes na explotación da citada nave, así como a posibilidade de que se produzan cambios no operador da pasta de papel, que é a mercadoría que con maior probabilidade vai ser almacenada, o xefe de zona informa que non estima aconsellable o trámite dunha nova concesión por un período de tempo superior a cinto anos, debido a que podería coincidir novamente un consignatario coa titularidade da nave que non fora o operador da pasta de papel.
Por outra banda no porto de Ribadeo e a carón da nave descrita existe outra nave propiedade tamén de Portos de Galicia e de características similares, en canto a superficie e xeometría, que tamén se atopa a disposición dos posibles operadores.
Polo exposto, e tendo en conta as limitación do porto de Ribadeo reflectidas nos parágrafos anteriores, así como as características conxunturais que regulan o movemento de este tipo de mercadoría, aconsella regular a ocupación destas dúas naves seguindo os criterios transparencia e de máxima eficiencia da infraestrutura portuaria.
Tendo en conta as características da actividade e a temporalidade da mesma polas variacións dos acordos e contratos coas diferentes propietarias da mercadoría, e dado que as naves atópanse en perfecto estado de conservación e non precisan ningún tipo de actuación a realizar por parte dos usuarios, PROPONSE regular a ocupación mediante autorizacións temporais de ocupación de superficie por un período máximo de 4 anos e seleccionar o operador mediante unha convocatoria publica, segundo o disposto no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia que garanta que a selección se realice mediante uns criterios previamente establecidos.