Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 15 de maio de 2017, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Nuria Lojo Sampedro, en relación coa explotación de cafetaría-bar de servizo dos usuarios do porto de Ribeira, para legalización de instalación da terraza cuberta anexa (expediente 12-48-11-C-1)

Estase a tramitar unha modificación substancial da concesión administrativa outorgada a Nuria Lojo Sampedro, para explotación de cafetaría-bar de servizo dos usuarios do porto de Ribeira, para legalización de instalación da terraza cuberta anexa, en virtude do Informe de estado actual da terraza de café-bar O Porto, asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Manuel Dios Tomé, número de colexiado 2.166, o 24 de maio de 2016.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da marina mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, situadas na Avenida do Porto, número 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 15 de maio de 2017

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro