Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

O REAL CLUB NÁUTICO DE SANXENXO E SADAMAR SÚMANSE AOS PORTOS DEPORTIVOS GALARDOADOS CON BANDEIRA AZUL

  • Doce dársenas galegas contan co distintivo de calidade que ven de outorgar  ADEAC para esta temporada estival

 

Santiago, 10 de xuño de 2020.-  As dársenas deportivas do Real Club Náutico de Sanxenxo e Sadamar veñen de sumarse á lista de portos deportivos galardoados co distintivo de calidade Bandeira Azul. Un total de 12 dársenas galegas, once de elas de titularidade autonómica e unha estatal, recibiron este recoñecemento que outorga a  Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, para esta temporada.

Os peiraos con Bandeira Azul este ano son o Monte Real Club de Iates de Baiona; Club Náutico Portonovo; Porto Deportivo Juan Carlos I (Sanxenxo); Club Náutico San Vicente do Mar (O Grove), e Real Club Náutico de Sanxenxo, na provincia de Pontevedra. Na provincia da Coruña, os galardoados son Club Náutico Marina Cabo de Cruz (Boiro), Club Náutico Camariñas, Club Náutico Sada, Porto Deportivo Sadamar, Real Club Náutico A Coruña-Marina Real e Real Club Náutico Portosín. Finalmente, na provincia de Lugo recibiu o distintivo o Real Club Náutico de Ribadeo.

Portos de Galicia felicita aos xestores náuticos por este galardon e valora de xeito moi positivo o esforzo que dende clubs náuticos, marinas e empresas xestoras se fai para cumplir cos esixentes parámetros do galardo. Coa súa obtención, os xestores náuticos sitúan as instalacións galegas como referentes estatais no sector da náutica de recreo.