Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

DEZ EMPRESAS OPTAN A EXECUTAR A MELLORA DA NAVE DE REDES DO PEIRAO DE BURELA

  • A obra saíu a licitación a obra cun orzamento de 287.000 euros

 

Santiago, 19 de maio de 2019.-  Un total de dez empresas veñen de presentar as súas ofertas ao concurso público para a execución das obras de mellora da nave de redes do peirao de Burela, que promove a Consellería do Mar a través de Portos de Galicia.

O prazo para a presentación de plicas quedou rematado onte e nas vindeiras semanas o ente público que preside Susana Lenguas convocará as mesas de contratación regulamentarias para o procedemento de adxudicación das obras, que saíron a licitación cun orzamento de 287.000 euros.

As obras en concurso teñen por obxecto a mellora, remodelación e acondicionamento da nave de redes, que conta cunha superficie de 1.100 metros cadrados. Con esta actuación eliminaranse as filtracións de auga na cuberta e na fachada do edificio e diversas deficiencias relacionadas coa instalación eléctrica, entre outras.

En concreto, Portos de Galicia renovará as chapas das fachadas e a cuberta, substituirá as portas de acceso e a instalación eléctrica ao completo e saneará a estrutura mediante limpeza, desoxidado e pintura do edificio da nave de almacenamento e reparación de redes. Finalmente instalarase un aseo e un almacén na zona central da nave.