Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

A Presidenta de Portos de Galicia reúnese co Concello de Viveiro para tratar a xestión do aparcadoiro.

Santiago, 17 de  outubro de 2019.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, manifestou a vontade de chegar a un acordo co Concello de Viveiro que lles permita xestionar o aparcadorio actual dentro de terreos portuarios.

Nesta liña, o ente que preside, analizará as propostas concretas para o uso  do edificio e das instalacións anexas ó antergo Casino. Susana Lenguas subliñou tamén que, para materializar calquera acordó, deberán previamente revertir os terreos ó ente que que preside, xa que a autorización inda vence en decembro de 2020

O interés do concello de Viveiro céntrase no uso da parcela e das zonas libres para a súa explotación como aparcadoiro, para o cal deberán formular propostas axeitadas ó estipulado na Lei de Portos de Galicia.

A responsable de Portos afirmou tamén que a empresa cesionaria atópase actualmente en concurso de acreedorese que dende Portos de Galicia non se ten planificado ninguna actuación para este inmoble..Na actualidalide se atopa en proceso de deterioro debido ó abandono das instalación, xardíns e pistas deportivas.