Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA IMPULSA A CAPTACIÓN DE CLIENTES NÁUTICOS BRITÁNICOS NO SALÓN ‘SOUTHAMPTON BOAT SHOW’

  • O ente público coordina a presenza por primeira vez de entidades e institucións galegas no evento

  • Os portos de Boiro, Combarro (Poio), Baiona e Muxía contan con representación institucional e empresarial na feira

 

Santiago, 18 de setembro de 2017.- Portos de Galicia está a traballar na captación de novos clientes náuticos no mercado británico para as instalacións náutico recreativas galegas. Con este obxectivo, o ente público está presente estes días no salón Southampton Boat, en dita localidade inglesa, onde promociona a oferta da nosa comunidade e coordina a presenza doutras entidades náuticas e institucións galegas.

 

Dentro da súa estratexia de promoción da náutica de recreo, contemplada como un dos eixos básicos de traballo no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 que Portos de Galicia está a executar, o ente está a establecer contactos comerciais con empresas e asociacións estranxeiras. Unha vez establecidos contactos comerciais con asociacións e empresas de países como Francia, Alemaña e Irlanda, Portos pretende agora afondar no mercado británico coa participación por primeira vez no salón de Southampton.

 

Neste marco, o presidente de Portos de Galicia acompaña aos representantes de clubes náuticos galegos e outras administracións na promoción das súas instalacións. Así, estase a resaltar o potencial dos portos deportivos de Boiro, a través da presenza tamén do alcalde do municipio; e de Combarro (Poio), Baiona, Muxía, por medio dos seus xestores que se atopan tamén presentes na feira.

 

Na celebración do salón naútico, o presidente do ente público está a a

fondar na apertura de novos mercados no ámbito da náutica recreativa a través de entrevistas con entidades de navegantes inglesas e asociacións de expertos dos sector. Así mesmo, esta mañá realizou unha presentación do programa Cruceiros Costeiros que organiza viaxes en embarcacións de pequenas dimensións polo interior das rías galegas.