Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA PRESENTA O SEU VÍDEO PROMOCIONAL DA NÁUTICA NOS PRINCIPAIS EVENTOS SECTORIAIS EUROPEOS

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2018.- Portos de Galicia presenta o vídeo promocional do sistema náutico galego nos principais eventos sectoriais de carácter nacional e internacional. Así, nas vindeiras datas, o vídeo será proxectado nos salóns internacionais de Southampton (Reino Unido), La Rochelle (Francia) e París.

Esta peza audiovisual contén imaxes dos principais portos deportivos de Galicia dando a coñecer as súas instalacións e servizos e actuando como reclamo para atraer e fidelizar novos navegantes.