Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PROXECTO PILOTO DE “PORTOS SEN FUME”

  • A iniciativa segue a filosofía das Praias sen fume que xa existen en varios puntos da Costa e establecerá as áreas de recreo dos portos deportivos como zonas libres de tabaco

Santiago, 17 de agosto de 2018.- Portos de Galicia, está a traballar na definición do proxecto piloto Portos sen fume, que desenvolverá en coordinación coa Consellería de Sanidade en varios peiraos deportivos autonómicos. Para iso, dende Portos de Galicia estase a presentar a proposta a diferentes xestores portuarios aos que se solicita a súa valoración e colaboración.

A iniciativa seguirá a filosofía das Praias sen fume que xa existen en varios puntos do litoral galego e sería de aplicacións nas dársenas náutico recreativas. Deste xeito preténdese declarar como zonas libres de tabaco aqueles espazos de uso de ocio e recreativo que son frecuentados por todo tipo de veciños e usuarios de todas as idades 

Este proxecto piloto levarase a cabo inicialmente en algúns dos peiraos de máis afluencia turística, especialmente na zona das Rías Baixas, e sempre a través do pleno consenso cos xestores das instalacións náuticas. Deste xeito contribúese a facer dos portos autonómicos contornas máis saudables e sustentables.