Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA REALIZA REFORMAS INTERIORES NA ESTACIÓN MARÍTIMA DE VILANOVA PARA RECUPERAR A SÚA FUNCIONALIDADE

  • A presidenta do ente público visitou esta instalación para supervisar os traballos realizados no seu interior

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 13 de febreiro de 2019.-  A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou hoxe a estación marítima de Vilanova de Arousa para supervisar as reformas interiores que o ente público está realizando nestas instalacións. O obxectivo desta actuación é  recuperar a funcionalidade da estación marítima da localidade, un inmoble que a representante do ente dependente da Consellería do Mar visitou acompañada polo alcalde do municipio, Gonzalo Durán.

As actuacións que se están a realizar no interior da estación marítima de Vilanova consisten na construción de tres despachos de billetes. Cada un deles contará con case 3,5 metros cadrados útiles cunha estrutura autoportante formada por perfilería en aceiro galvanizado, revestimentos con taboleiro contrachapado, portas de aglomerado e mostradores. Ademais, estanse a realizar reformas das instalacións de subministro de electricidade, alumeado e telecomunicacións.

A presidenta do ente público tamén aproveitou para visitar a praza do Castro, ao pé da confraría de pescadores local, onde se realizaron labores de mellora do pavimento.  No marco da visita, a presidenta de Portos de Galicia e os representantes do Concello aproveitaron para analizar outros proxectos previstos como é o caso da instalación de novos elementos de iluminación de zonas comúns do porto.