Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia celebra o Consello Reitor para aprobación das contas anuais de 2019

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2020. O Consello Reitor de Portos de Galicia, que preside Susana Lenguas, reuniuse esta mañá co obxectivo de aprobar as contas anuais da entidade pública correspondentes ao exercicio 2019.

Ao peche do exercicio, os ingresos situáronse en 18 millóns de euros e formalizáronse adxudicacións por 13,7 millóns.

As contas anuais quedaron aprobadas por unanimidade dos integrantes do Consello.

Consello reitor de Portos de Galicia 2020