Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

A CONSELLEIRA DE MAR DESTACA O VALOR DOS SERVIZOS DO PORTO NÁUTICO DE PORTONOVO, RECOÑECIDO COAS BANDEIRAS AZUL E Q DE CALIDADE

Sanxenxo (Pontevedra), 30 de xullo de 2018.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou a excelencia e a calidade dos servizos do porto náutico de Portonovo, en Sanxenxo, que, ao igual que o ano pasado, foi recoñecido coas bandeiras Azul e Q de Calidade Turística. 

Fíxoo durante o acto de izado destas bandeiras, no que estivo acompanada do presidente de Portos de Galicia. Con elas móstrase o labor realizado polo Club Náutico de Portonovo en materia de medio ambiente, de difusión de boas prácticas ambientais e da posta en coñecemento da contorna. Cabe lembrar que Galicia dispón de 15 portos con bandeira azul e de 13 con bandeiras Q de Calidade. Dentro destas distincións Q de Calidade, Sanxenxo é o municipio máis premiado de Galicia e conta con tres bandeiras, a do porto náutico de Portonovo, a do Real Club Náutico e a de Nauta.