Benvida do presidente de Portos de Galicia
A través desta renovada paxina web, o ente publico Portos de Galicia adscrito a Conselleria do Mar, que teño a honra de presidir, quere trasladar a todos os usuarios e cidadáns en xeral o dia a dia da xestión nas instalacións de titularidade autonómica. O sistema portuario galego e un piar fundamental da estrutura económica da nosa Comunidade.
A nosa misión esta dirixida a dispensar servizos eficientes, tentando mellorar a competitividade e contribuindo a darlle pulo ao desenvolvemento económico do entorno de cada un dos nosos portos nun contexto de crecimento sostible.
A posta en comun de esforzos entre institucións, administracións públicas, colectivos e entidades revélase básica no desenvolvemento da nosa actividade.
Aos usuarios e todas as persoas, mulleres e homes, que desenvolven a súa actividade laboral nos nosos portos quero transmitirlles o compromiso do colectivo de traballadores do ente público e o meu para seguir traballando arreo na mellora e mantemento das instalacións nas que desenvolven a súa tarefa.
Desde Portos de Galicia amosamos o noso compromiso coa cidadanía para conquerir os obxetivos trazados.
Jose Juan Durán Hermida
Presidente do Ente Público Portos de Galicia
Consellería do Mar