Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 1 de xullo de 2019, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa para a ocupación de terreos portuarios para a construción de nave para taller de reparación e mantemento de barcos e motores mariños, no dominio público portuario de Ribeira, solicitada por Miguel Piñeiro Pérez (expediente 12-48-18-C-2).

Estase tramitando unha concesión administrativa a favor de Miguel Piñeiro Pérez para a ocupación de terreos portuarios para a construción de nave para taller de reparación e mantemento de barcos e motores mariños, no dominio público portuario de Ribeira, con base no Proxecto básico para construción de nave para taller de reparación e mantemento de barcos e motores mariños, no porto comercial de Ribeira, redactado en maio de 2019 polo arquitecto Juan Antonio Millán Figueirido, colexiado número 3.183.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 1 de xullo de 2019

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro