Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 28 de maio de 2018 polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. para a ocupación de terreos portuarios para depósito de contedores destinados ao almacenamento frigorífico de produtos alimentarios perecedoiros, transportados por vía marítima, no porto de Ribeira

A empresa Alimentos Cruz del Sur, S.A. solicitou a Portos de Galicia unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Ribeira con destino a ocupación de terreos portuarios para depósito de contedores destinados ao almacenamento frigorífico de produtos alimentarios perecedoiros, transportados por vía marítima, no porto de Ribeira, nunha parcela de 1.500 m², segundo documentación técnica consistente no proxecto básico e de execución titulado Concesión para a descarga de túnidos, mediante o posicionamento de contedores reefer, no porto de Ribeira (A Coruña), redactado en maio de 2018, polo enxeñeiro industrial Manuel Vidal López e polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Javier Enríquez Fernández.

En cumprimento do disposto no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.gal.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

José Juan Durán Hermida

Presidente de Portos de Galicia