Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA ANALIZA POSIBLES MELLORAS NAS INFRAESTRUTURAS DO PEIRAO DE PORTOSÍN

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2020.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou hoxe o peirao de Portosín co patrón maior da confraría, Iván Carreño, e co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, para comprobar de primeira man e analizar as necesidades e posibles melloras a realizar neste porto. Durante a visita o patrón maior trasladoulle as necesidades do sector relacionadas coas infraestruturas portuarias como a ampliación da nave de redes e a mellora dos atraques e do abrigo do porto, unhas accións que Portos de Galicia ten previstas, segundo lle informou Susana Lenguas.

Outro dos asuntos que abordaron, e que é de interese do sector, é a modernización das tomas de auga e luz existentes no peirao, para o que o ente público está a dar pasos co obxecto de resolvelo da maneira máis axeitada. Esta visita enmárcase na rolda de encontros que Portos de Galicia realiza co sector para intercambiar impresións cos seus representantes en primeira persoa co obxectivo de analizar e coñecer en directo os problemas existentes en cada zona e buscar o xeito de solucionalos o antes posible.