Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA INICIA AS OBRAS DE MELLORA DA LONXA DE LAXE

  • O ente público inviste 25.000 euros na ampliación do edificio para crear unha nova zona de lavadoiro

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020.-  Portos de Galicia vén de dar inicio as obras de mellora do edificio da lonxa do municipio coruñés de Laxe. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou esta mañá as obras nas que o seu departamento inviste

25.000 euros e que teñen un prazo de execución previsto de 3 meses.

Os traballos consistirán nunha pequena ampliación do edificio coa fin de habilitar unha nova zona de lavadoiro de caixas de peixe. Con esta actuación, a antiga zona de lavadoiro pasará a ser destinada a un novo viveiro.

Esta obra dará resposta as necesidade prantexadas polo sector a Portos de Galicia e mellorará as condicións de traballo dos profesionais do mar. Así mesmo, os traballos únense á obra de dragaxe do peirao, xa iniciada, e na que a Consellería do Mar está a investir máis de 3 millóns de euros.

 

Malpica

Durante a súa visita á Costa da Morte, a presidenta de Portos de Galicia visitou tamén o edificio da lonxa de Malpica, no que o ente público está a executar tamén traballos de mellora. Neste caso trátase dun investimento 30.000 euros co obxecto de acondicionar as oficinas da lonxa de xeito que queden independizadas dos locais administrativos da confraría e se habiliten entradas independentes. Esta obra atópase tamén en execución dende esta mesma semana e conta cun prazo previsto de 2 meses.