Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA INICIA AS OBRAS DE EMERXENCIA PARA REPARAR O ESPIGÓN DO PEIRAO DE MERA

  • As actuacións tamén prevén melloras nos muros do dique de abrigo cun investimento total de arredor de 160.000 euros

Santiago, 4 de decembro de 2019.- Portos de Galicia, iniciou esta semana as obras de emerxencia para reparar o pavimento no espigón do peirao de Mera e corrixir outras deficiencias existentes nesta infraestrutura como consecuencia dos temporais rexistrados no mes de novembro. As actuacións, que contan cun orzamento próximo aos 160.000 euros, pretenden corrixir o afundimento do chan do espigón e reforzar os muros do dique de protección mediante o reforzo dos seus apoios e o encintado dos paramentos.

As obras consisten no levantamento e recheo do pavimento da zona afundida, cunha superficie de arredor de 350 metros cadrados, para a súa posterior colocación cunha base de formigón e a reparación e selado do pavimento do último tramo da rampla. A actuación tamén prevé o reforzo con formigón dos calzos de apoio do muro do dique de abrigo, previa limpeza e acondicionamento, e a colocación dunha escolleira nun dos seus tramos.

O ente público tamén encintará e reparará os paramentos dos muros mediante a colocación das pezas que faltan na súa estrutura ao tempo que levantará e recolocará a imposta do espigón no último tramo da rampla. Os traballos supoñen ademais a reconstrución con formigón do pé da rampla e do morro do espigón.