Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Aviso do envío ao DOUE do anuncio de licitación do servizo de "REDACCIÓN DE ESTUDIOS AMBIENTAIS E REDACCIÓN DE PROXECTOS DE DRAGAXE DE PORTOS DE GALICIA" con clave 6/2020/CNTSE, e inicio de prazo de presentación de ofertas

A dia de 29.06.2020, enviouse ó DOUE (Diario Oficial da Unión Europea) o anuncio de licitación do servizo de "REDACCIÓN DE ESTUDIOS AMBIENTAIS E REDACCIÓN DE PROXECTOS DE DRAGAXE DE PORTOS DE GALICIA” con clave 6/2020/CNTSE.

O prazo de presentacion de ofertas iníciase o día 29.06.2020 co envío do anuncio ó Diario indicado e finalizará o vindeiro 05.08.2020. Dita licitación fíxose pública a dia de hoxe no perfil do contratante, para que os licitadores interesados poidan aceder ós pregos:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=740904

No devandito perfil poderán descargarse o resto de pregos relativos á licitación referida e, a traveso do mesmo, cualquera interesado poderá obter a información relativa ó procedemento de contratación e realizar o seu seguimento.