Axudas e subvencións

As subvencións e axudas supoñen un instrumento esencial para a aplicación das políticas económicas e sociais. En consonancia con esa relevancia, a lexislación esixe tamén deste eido un elevado nivel de transparencia. Galicia incorporou esixencias fundamentais de publicidade destes procedementos a través da súa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións, información que o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno esixe integrar no Portal de Transparencia e Goberno Aberto. Para isto, recórrese á ligazón a dúas iniciativas fundamentais de transparencia postas en marcha nos últimos tempos polas Administracións públicas: a sede electrónica da Xunta de Galicia e a Base de Datos Nacional de Subvencións.