Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 29 de marzo de 2019, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario e ampliación de usos, da concesión administrativa outorgada á “Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia Limitada”, para a construción dun edificio para instalacións frigoríficas, no porto de Ribeira, así como a unificación coa ampliación outorgada por Resolución do 20 de febreiro de 1995 e ampliación de usos (expediente 12-48-87-C-4).

Estase a tramitar unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario, ampliación de usos e unificación da concesión administrativa coa súa ampliación, outorgada á Sociedad Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia Limitada, para a construción dun edificio para instalacións frigoríficas, no dominio público portuario de Ribeira, de acordo co plano de superficies e usos, ademais do «Proxecto de cambio de refrixerante actual (freon404) en cámaras de fresco e conxelado por imperativo legal e implantación de eficiencia nas instalacións», subscrito por José Ramón Álvarez Arnau, enxeñeiro técnico industrial, en xuño de 2017.

 

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida Porto da Coruña, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 29 de marzo de 2019

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro