Skip to Content

Asset Publisher

Return to Full Page
Back

PORTOS DE GALICIA AFONDA NA PLANIFICACIÓN DE TRAVESÍAS NÁUTICAS DE ÁMBITO EUROPEO NO ‘GRAND PAVOIS’ DE LA ROCHELLE

  • O ente público coordina a presenza entidades e institucións galegas na cita francesa e avala a presentación da travesía Navega o Camiño

Santiago, 28 de setembro de 2018.- Portos de Galicia está a traballar na fidelización de clientes náuticos no mercado europeo para as instalacións náutico recreativas galegas. Con este obxectivo, o ente público está presente estes días no salón Grand Pavois de La Rochelle, nesta localidade francesa, onde promociona a oferta da nosa comunidade e coordina a presenza doutras entidades náuticas e institucións galegas.
 
Dentro da súa estratexia de promoción da náutica de recreo, contemplada como un dos eixos básicos de traballo no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 que Portos de Galicia executa, o ente está a establecer contactos comerciais con empresas e asociacións estranxeiras. Nesta liña, un ano máis Portos de Galicia está presente no Grand Pavois, a cita náutica de referencia a nivel europeo, onde hoxe vén de realizar unha presentación promocional do sistema náutico galego. 
 
Neste marco, o presidente de Portos de Galicia acompaña aos representantes de clubs náuticos galegos e outras administracións na promoción das súas instalacións. Así, estase a resaltar o potencial dos portos deportivos de Boiro, a través da presenza tamén do alcalde do municipio; e de Viveiro, Camariñas, Muxía e Ribadeo, entre outros por medio dos seus xestores e información promocional presente na feira. Así mesmo, o posto da Xunta de Galicia acolleu onte a intervención dos impulsores da Travesía Náutica “Navega o Camiño”, Northwest Marinas, onde se integran Marina Viveiro e Marina Coruña. 
 
Na celebración deste salón náutico, o presidente do ente público está a afondar na apertura de novos mercados no ámbito da náutica recreativa a través de entrevistas con colectivos que aglutinan a entidades de navegantes, representantes de institucións públicas como o propio alcalde de La Rochelle, que visitou o posto galego, e asociacións de expertos do sector. Con eles, Durán está a prantexar a posibilidade de organizar regatas e travesías dende as costas francesas ata Galicia así como colaborar nas iniciativas enmarcadas no proxecto europeo Ecodestin, no que participa o ente público.